Maiores en Rede
  • Inicio
  • Cursos
    • Alfabetización Dixital
    • Aprendizaxe Web
    • Móbiles
  • Contacto
  • Novas
  • Enlaces

N O V A S  D E  A C T U A L I D A D E

O Día Internacional visibiliza ás persoas maiores

30/9/2018

0 Comentarios

 
Día das Persoas Maiores 2018 / enrede.org
O Día Internacional das Persoas Maiores visibiliza a un sector da poboación básico na cohesión social

O Día Internacional das Persoas de Idade (International Day of Older Persons) celébrase todos os anos o 1 de Outubro. Ten por obxecto recoñecer a contribución dos adultos maiores ó desenvolvemento humano e económico, así como destacar as oportunidades e os retos asociados ó envellecemento demográfico mundial. Así, hoxe en Galicia unha de cada catro persoas é maior de 65 anos.

Nesta data alentase ós gobernos, ás organizacións non gubernamentais e á sociedade civil a que celebren esta xornada con declaracións dos xefes de Estado ou de organizacións, anuncios nos medios de comunicación, foros e actividades interxeneracionais.

Segundo as Nacións Unidas, “as persoas de idade deberán permanecer integradas na sociedade, participar activamente na formulación e na aplicación das políticas que afecten directamente ó seu benestar e poder compartir os seus coñecementos e habilidades cas xeracións máis novas” (declaración da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, 16 decembro 1991, resolución 46/91).

Entre os desexos expresados e a realidade cotiá dos maiores hai unha fenda moi grande non só no seu dereito de percibir unhas pensións dignas senón tamén no acceso a dereitos, bens e servizos de primeira necesidade.

O Día Internacional das Persoas Maiores érguese así como unha oportunidade de visibilizar a un grupo de poboación que, como persoas, teñen dereitos básicos que todos deberíamos defender por obvias razóns de cohesión social, que os políticos esquecen máis do debido.

Día das Persoas Maiores 2018 / enrede.org
O envellecemento demográfico é unha realidade: en Galicia unha de cada catro persoas é maior de 65 anos
0 Comentarios

ALFABEtización dixital para mellorar a vida e as opcións de futuro

25/7/2018

0 Comentarios

 
A formación tecnolóxica é necesaria / enrede.org
A formación tecnolóxica práctica é cada día máis necesaria e urxente para todas as persoas

O móbil, cada día máis presente na nosa vida / enrede.orgO móbil está cada vez máis presente na nosa vida
A formación tecnolóxica práctica é cada día máis necesaria e urxente para todas as persoas. As tecnoloxías da información e da comunicación non son unha fórmula máxica, pero poden mellorar a vida e a empregabilidade, pois son a porta de entrada ó novo mercado laboral e á nova sociedade na que vivimos.

O dominio básico destas tecnoloxías é preciso para posibilitar un uso persoal, profesional ou de negocios da rede Internet. Daí que sexa fundamental mellorar os coñecementos das ferramentas básicas: ordenador, tablet ou móbil, aparellos que xa forman parte do noso día a día.
É necesario saber buscar en Internet e mesmo ter os coñecementos para facer un blog ou unha páxina web, da mesma maneira que saber manexar o móbil como un experto e non andar a cegas.

A plataforma Maiores en Rede ten activados na actualidade tres cursos de formación dedicados a alfabetizar en competencias dixitais:
  1. Aprende a manexar as novas tecnoloxías. Básico de alfabetización dixital de 30 horas, con prácticas de ordenador, programas, buscas, navegación activa, crear alertas, correo electrónico, etc.
  2. Fai o teu plan de comunicación na Rede. Internet, blogs, páxinas web, redes sociais e Plan Social Media (PSM), curso de 20 horas para ter voz propia no ciberespacio.
  3. Aprende a manexar o teu móbil como un experto. Cas aplicación (apps) temos o mundo nas nosas mans.

As institucións públicas e corporacións poden (e deben) contribuír de maneira importante a esta necesaria alfabetización dixital. Para que todas as persoas dispoñan canto antes  destes coñecementos básicos para mellorar as súas vidas e as súas opción de futuro.


0 Comentarios

    Autor

    Blog de novas de actualidade da plataforma Maiores en Rede.


    Arquivos

    Septiembre 2018
    Julio 2018


    Categorias

    Todos


    Fuente RSS


Aviso Legal

Páxina feita por Maiores en Rede, 2018
  • Inicio
  • Cursos
    • Alfabetización Dixital
    • Aprendizaxe Web
    • Móbiles
  • Contacto
  • Novas
  • Enlaces