ALFABETIZACIÓN DIXITAL
AS NOVAS TECNOLOXÍAS
O obradoiro baséase en ofrecer unha visión global dos aspectos básicos no manexo do ordenador (15 horas) e os programas fundamentais, así como tamén na navegación activa en Internet (15 horas), mesmo abrindo un blog, unha páxina web e participando nas redes sociais, e tamén no uso do móbil.
Facer un cartel, buscar exitosamente en Google, habilitar un correo de Gmail con almacenamento en Drive, crear alertas e como artellar un blog básico ou unha páxina web conectada cas redes son os grandes obxectivos, xunto co aproveitamento do móbil.
Trátase dunha boa introducción á alfabetización dixital e dunha excelente maneira de adentrarse nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).